Rovi acaba de anunciar os proxectos seleccionados polo comité avaliador da primeira edición dos “Premios Rovi al Desarrollo de la Farmacia Hospitalaria”. Estes galardóns, que contan co el aval da Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria (SEFH), recoñecen as solucións innovadoras promovidas en favor da saúde.
O Hospital Universitario de Pontevedra foi premiado pola aplicación informática Pharmasuite, que permite xestionar integralmente a farmacotecnia e elaboración de medicamentos para doentes con procesos agudos ou crónicos. Con esta aplicación “garántese a trazabilidade de todo o proceso de elaboración, dende el rexistro e validación da materia prima, ata a validación e control da calidade do produto acabado”, explica Carlos Crespo, xefe do Servizo de Farmacia do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e integrante do Grupo TeamNanoTech do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia sur.
O equipo de Farmacia Hospitalaria do Hospital Universitario de Pontevedra, premiado por ‘Pharmasuite’.
Visita nuestras redes sociales