
• O cirurxián Sergio Estévez, en coordinación co IISGS e coa Universidade de Santiago, lidera como investigador principal este proxecto de Intelixencia artificial para reconstruír fígados en 3D
• Trátase de realizar unha reconstrución tridimensional, personalizada e automática do fígado, a través das imaxes do TC e da Resonancia Magnética
• Isto permitirá realizar unha mellor planificación da cirurxía minimamente invasiva, que será aínda máis precisa e segura
Vigo, 18 de setembro de 2023. Un proxecto de investigación do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur acaba de recibir un financiamento de 450.000 euros do Ministerio de Ciencia e Innovación, no marco do programa “Xeración de Coñecemento”. O proxecto está liderado polo coordinador da Unidade Hepato-Bilio Pancreática do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e investigador do Grupo de Innovación en Cirurxía do IIS Galicia Sur, o cirurxián Sergio Estévez Fernández, en colaboración con Enrique Comesaña, profesor do Departamento de Electrónica e Computación da Escola Politécnica da Universidade de Santiago de Compostela.
Trátase dun proxecto de Intelixencia artificial para conseguir a reconstrución tridimensional do fígado dos pacientes. Segundo explica o doutor Estévez, “estamos moi satisfeitos de que se elixiu financiar a nosa proposta, xa que era unha convocatoria nacional en competencia con outros proxectos moi interesantes, e trátase dun importe económico importante. A verdade é que levamos traballando moito tempo neste proxecto e agora estamos máis preto de que pronto sexa unha realidade”. Seguir Lendo
Visita nuestras redes sociales