• Este programa enmárcase no compromiso que o IISGS ten coa formación e a orientación ás novas e novos residentes no ámbito da investigación científica, tal e como figura no seu Plan Estratéxico 2022-2026
• Poveda lembrou que: “A investigación mellora a calidade da asistencia clínica, de ahí a necesidade de formar ás novas xeracións de profesionaís neste ámbito”
Vigo, 25 de outubro de 2023. Residentes de primeiro ano foron convocados esta mañá á primeira xornada do Programa de Formación en Investigación Clínica, organizado polo Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, en colaboración coas Comisións de Docencia da área sanitaria de Vigo, co fin de orientar a este colectivo recentemente incorporado ao Área Sanitaria acerca do seu interese en desenvolver esta actividade científica incorporándose a algún dos grupos do IIS Galicia Sur.
Esta primeira xornada foi inaugurada pola Directora Científica do IIS Galicia Sur, Eva Poveda, que, tras dar a benvida a este grupo, expuxo cal é a función de o IISGS, como se organiza para desenvolver a súa actividade, destacando a importancia da investigación biomédica e a súa relevancia para coa sociedade, e describindo con detalle este escenario aos novas e novos profesionais internos residentes de Medicina, Farmacia, Bioloxía, Enfermería, Psicoloxía e Radio Física. Este programa enmárcase no compromiso que o IISGS ten coa formación e a orientación ás novas e novos residentes no ámbito da investigación científica, tal e como figura no seu Plan Estratéxico 2022-2026.
A maneira de introdución, Eva Poveda realizou un breve percorrido acerca da historia do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, do que lembrou como un fito destacable a súa incorporación en 2022 á Rede de Institutos de Investigación do Instituto de Salud Carlos III (ISCIII) o que, en palabras da Directora Científica do IISGS: “Supón pertencer ao exclusivo círculo da elite de investigación a nivel nacional e implica desenvolver o seu labor baixo criterios de excelencia, ética e profesionalidade, e continuar en en estes criterios ao estar sometidos a unha continua avaliación por parte do Instituto de Salud Carlos III (ISCIII) para que sexa así”.
Así mesmo, Eva Poveda describiu as principais áreas de investigación do IISGS, as unidades transversais que apoian este traballo e as grandes cifras de persoal, proxectos e publicacións -entre outras- que alcanza o labor do Instituto. Para finalizar, a Directora Científica lembrou que “A investigación mellora a calidade da asistencia clínica, de ahí a necesidade de formar ás novas xeracións de profesionaís neste ámbito”, facendo fincapé en desenvolver unha investigación aberta e” co obxectivo de afrontar os grandes retos en saúde actuais”.
Oportunidades que ofrece a investigación
Tras a súa explicación, a Directora Científica ha dado paso a diferentes investigadores senior do IISGS que expuxeron ás e os novos residentes as oportunidades que ofrece a investigación básica aplicada á clínica a través das súas propias experiencias de anos de labor científico. Así, compartiron as súas experiencias as investigadoras Saida Ortolano, do Grupo Enfermidades Raras e Medicina Pediátrica; Mónica Martínez, do Grupo Oncoloxía Traslacional, e María Aymerich, do Grupo Diagnóstico por Imaxe; ademais dos investigadores: Samuel García e Carlos Spuch, do Grupo Reumatoloxía e Enfermidades Inmuno-mediadas ‘IRIDIS’ e do Grupo Neurociencia Traslacional, respectivamente.
Esta primeira xornada culminou cunha visita guiada ás instalacións do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, no Hospital Álvaro Cunqueiro, acompañando ao grupo Irene Viéitez, da Unidade de Xenómica.
Novas xornadas
Esta primeira Xornada, titulada: Formación en Investigación Clínica: desde o deseño do estudo ata a divulgación de resultados, encádrase dentro do nivel básico desta formación e terá continuidade con dúas novas xornadas os próximos días 15 e 16 de novembro, nos que se ensinará a este grupo de residentes a adquirir os coñecementos teóricos básicos para o deseño e realización dunha investigación biomédica, e a coñecer a importancia da comunicación e a divulgación científica, ademais da incorporar a perspectiva de xénero na investigación.
Unha vez finalizado este nivel básico, as interesadas e interesados en desenvolver a súa vocación investigadora incorporándose a algún grupo consolidado do IISGS, deberán inscribirse no nivel avanzado, nos que se lles transmitirán coñecementos para detectar oportunidades para as e os investigadores noveis de participar nas liñas de investigación desenvolvidas polos grupos do Instituto, tras o cal desenvolverán un traballo titorizado de investigación científica ao longo de 9 meses, tras o cal presentarán os seus resultados #ante un tribunal, entregándose premios aos mellores labores de investigación, para culminar coa difusión dos seus resultados.
Visita nuestras redes sociales