• Investigadoras que lideran importantes proxectos científicos protagonizan un vídeo no que explican os estudos nos que traballan
• O Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur ten adscritas a 1.003 persoas, das que 589 son mulleres nas distintas categorías profesionais
O Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) e a Área Sanitaria de Vigo sumáronse á celebración, hoxe, do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, unha efemérides que está auspiciada pola ONU e a UNESCO para dar visibilidade á muller no campo da investigación científica.
Con este motivo, cinco das principais investigadoras do Instituto gravaron un vídeo no que explican parte do seu traballo. As investigadoras participantes son Eva Poveda (Grupo de Viroloxía e Patoxénesis), Tania Rivera (Grupo de Neurociencia Traslacional), Susana Teijeira (Directora Científica do Biobanco do IISGS), Mónica Martínez (Unidade de Oncoloxía Molecular do Grupo de Oncoloxía Traslacional) e Saida Ortolano (Grupo de Enfermidades Raras y Medicina Pediátrica).
O IISGS integra a 1.003 persoas das que o 59% (589) son mulleres nas distintas categorías profesionais de investigación e xestión. O Instituto aglutina a investigación biosanitaria realizada desde a Universidade de Vigo e o Sergas no sur de Galicia e xestiona a través da Fundación Biomédica Galicia Sur a investigación desenvolvida desde as áreas sanitarias de Pontevedra-O Salnés, Ourense e Vigo.
En los medios
Visita nuestras redes sociales