Os grupos de Neurociencia Traslacional e TeamNanoTech do IIS Galicia Sur levan anos colaborando estreitamente para tratar de conseguir un sistema que permita realizar un diagnóstico precoz da enfermidade de Alzheimer. O traballo dou os seus froitos e conseguiron desenvolver un test que permitirá detectar esta enfermidade cunha simple análise de sangue. A detección temperá da enfermidade é esencial para poder adoptar medidas para frear a súa evolución ou atrasar a súa aparición. Este test foi patentado recentemente e poderá ser de aplicación ademais para pacientes con depresión e esclerose múltiple.
Visita nuestras redes sociales