
De esquerda a dereita, José Aguayo Arjona e Beatriz Calderón Cruz, do Grupo de Unidade de Metodoloxía y Estatística, acompañados por Ariadna Mato Montero, coordinadora de Ensaios Clínicos do Grupo de Oncoloxía Dixestiva
• Coa colaboración do IISGS, a través da Unidade de Metodoloxía e Estatística, e do Grupo de Oncoloxía Dixestiva da Fundación Biomédica Galicia Sur, presentáronse recentemente os resultados deste proxecto que axuda á detección temperá de recorrencia do cancro
• No proxecto, que contou con financiamento da UE, participaron institucións sanitarias, hospitais e grupos de investigación de España, Bélxica, Eslovenia e Letonia
O proxecto europeo PERSIST, no que participou o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, a Fundación Biomédica Galicia Sur e o SERGAS, chega ao seu fin nestes días, prevéndose que nun futuro próximo esta experiencia poida ser aplicada con éxito na atención a persoas sobreviventes de cancro, a teor do exposto recentemente pola empresa galega Gradiant, coordinadora deste proxecto e que recentemente presentou as súas conclusións preliminares en Madrid.
PERSIST (Patients-centered SurvivorShIp care plan after Cancer treatments based on Big Data and Artificial Intelligence technologies) foi un proxecto europeo financiado polo programa Horizonte 2020 e no que colaboraron máis de 50 expertos do mundo da Saúde, a intelixencia artificial (IA) e o Big Data, entre eles, investigadores do Grupo de Oncoloxía Dixestiva e profesionais da Unidade de Metodoloxía e Estatística do IIS Galicia Sur. O proxecto iniciouse en 2020 e perseguía o desenvolvemento unha plataforma innovadora para apoiar a toma de decisións médicas que melloren a atención dos pacientes sobreviventes de cancro
Para levalo adiante, involucráronse catro hospitais de diferentes países da UE: Bélxica, Letonia, Eslovenia e España; neste último caso, o hospital no que se desenvolveu esta experiencia foi o Complexo Hospitalario de Ourense CHUO. Así mesmo, cada socio clínico incluíu a 40 sobreviventes, 20 pacientes de cancro colorrectal e outros tantos pacientes de cancro de mama (dous casos nos que se dá unha ampla mortalidade), alcanzando un total de 160 pacientes para realizar o estudo clínico. A elección destes tipos de cancro debeuse á súa incidencia e taxas de supervivencia relativamente altas, o que constitúe unha poboación de sobreviventes cuxo seguimento pode ser susceptible de mellorarse grazas a proxectos coma este.
Tecnoloxía e coñecemento
Un dos principais avances de PERSIST foi o desenvolvemento dun modelo de intelixencia artificial que detecta automaticamente células tumorales circulantes en mostras de sangue. Este biomarcador pode axudar a predicir recaídas en pacientes que superaron un cancro, ou metástase en pacientes cun cancro activo. Actualmente, este método non se utiliza na práctica habitual debido á complexidade que implica a análise das imaxes ao microscopio; unha barreira que pode quedar superada grazas á innovación desenvolvida no centro tecnolóxico vigués Gradiant.
Pola súa banda, a Unidade de Metodoloxía e Estatística do IIS Galicia Sur colaborou no apoio metodolóxico na orientación para o deseño da proposta de investigación, avaliación e revisión do traballo, así como na análise estatística no que se apoiou o desenvolvemento deste proxecto, o cal se deseñou co fin de mellorar os resultados de saúde, a calidade de vida (QoL) e promover a redución de #estrés en sobreviventes de cancro de mama e colorrectal tras o tratamento do cancro.
|
PERSIST recibiu fondos do programa de investigación e innovación Horizonte 2020 da Unión Europea en virtude do acordo de subvención Nº 875406. |
Visita nuestras redes sociales