
Curso-Taller: "Preparación de proxectos para programas de Proba de Concepto (PdC)"
MÁIS INFORMACIÓN | PROGRAMA | INSCRICIÓN
A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia (GAIN), en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso-taller presencial -de carácter gratuíto– Preparación de proxectos para programas de Proba de Concepto (PdC), no marco do Programa formativo con acreditación RTTP para persoal de xestión de transferencia, que forma parte das iniciativas do Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, que integra diversas actuacións de fortalecemento das capacidades do Sistema Galego de Innovación para mellorar a abordaxe de procesos de identificación, valorización e comercialización dos resultados da I+D.
Este curso está acreditado por Alliance of Technology Transfer Professionals (ATTP) e proporciona 14 puntos para a obtención da acreditación Registered Technology Transfer Professional (RTTP)
O curso-taller celebrarase os días 27 e 28 de novembro, baixo a modalidade presencial. Pode consultar aquí toda a información do programa. Para inscribirse, cubra o formulario na seguinte ligazón. O prazo de inscrición remata o día 20 de novembro ás 14.00 h.
ORGANIZA | GAIN - Fundación Barrie |
---|---|
MODALIDAD | PRESENCIAL |
FECHA | 27 e 28 de novembro de 2023 |
LUGAR | Escola Galega de Administración Pública (EGAP), aula nº 2 (planta baixa) Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4 15707 Santiago de Compostela |
CONTACTO | programacion.centros.gain@xunta.gal +34 981 957 012 |
Visita nuestras redes sociales