Curso online «Transferencia de conocimiento e interacción con el Sistema de I+D+i»
WEB DO CURSO | PROGRAMA | INSCRICIÓN (ata o 24/11/2022, ás 13:30 h)
A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso «Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i», enmarcado no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento.
Cunha duración total de 37 horas, o curso é de carácter gratuíto e está dirixido a persoal investigador posdoutoral, a persoal investigador contratado con cargo a proxectos de universidades e organismos públicos de investigación, así como a persoas investigadoras e tecnólogas dos centros tecnolóxicos. O seu obxectivo é a aproximación aos actores do Sistema Galego de Innovación, a introdución nas bases da transferencia de coñecemento e a comercialización de resultados da I+D, ademais de contribuír ao desenvolvemento das seguintes capacidades: comprensión do valor da innovación e da investigación traslacional académica, as habilidades para presentar a investigación e conectar coa industria, e as estratexias para mellorar a produtividade da innovación nun entorno académico.
O programa de contidos iníciase cun seminario inaugural sobre o Sistema Galego de Innovación; a continuación desenvólvense tres módulos formativos –»Fundamentos sobre a transferencia de coñecemento», «Comunicación e presentación da investigación» e «Ecosistema de innovación, impacto e colaboración”– e un seminario de clausura sobre a definición de estratexias para persoal investigador. , nesta edición o curso combina sesións presenciais e online.
ORGANIZAN | Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié |
---|---|
MODALIDADE | ONLINE Y PRESENCIAL |
DATAS | Dende novembro de 2022 ata febreiro de 2023 |
INSCRICIÓN | Curso gratuíto. O prazo remata o día 24 de novembro ás 13:30 h. Ver formulario |
CONTACTO | programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 012. |
Visita nuestras redes sociales