Curso online: «Formación executiva para persoal investigador posdoutoral»
WEB DO CURSO | PROGRAMA | INSCRICIÓN
A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso online “Formación executiva para persoal investigador posdoutoral”.
Este curso, de carácter gratuíto, enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, nas actuacións orientadas a impulsar o desenvolvemento profesional do persoal investigador.
O propósito desta formación é capacitar e orientar a 20 participantes en coñecementos e competencias relacionados coa comercialización de resultados de investigación, así como na promoción e xestión de spin-offs.
Cunha duración total de 60 horas, distribuídas en 15 sesións, o curso desenvolverase entre xuño e xullo de 2022 en horario de mañá. O programa estrutúrase en 3 módulos: «Formación executiva para persoal investigador posdoutoral», que será impartido integramente en inglés; «Aspectos legais da constitución e crecemento de proxectos de base tecnolóxica» e «Elementos fundamentais para a creación de spin-offs».
ORGANIZAN | Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié |
---|---|
MODALIDADE | ONLINE |
DATAS | Do 25 de maio ao 27 de xullo de 2022 en horario de 10:00 a 13:30 h (10 sesións de 3,5 h) |
INSCRICIÓN | O prazo remata o 03/06/2022 ás 10:00 h. VER FORMULARIO |
CONTACTO | programacion.centros.gain@xunta / Teléfono: 981 957 012 |
Visita nuestras redes sociales