Curso "A comunicación como instrumento do Intercambio e a Transferencia de Coñecemento (ITC)"
MÁIS INFORMACIÓN | INSCRIPCIÓN | AXENDA
A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia (GAIN), en colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), organiza o curso A comunicación como instrumento do Intercambio e a Transferencia de Coñecemento (ITC). Esta actividade formativa enmárcase no Programa DINA-ITC, promovido polo Ministerio de Ciencia e Innovación con fondos NextGeneration da UE, e é complementaria á proporcionada no marco do Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento. O obxectivo desta formación é proporcionar ao persoal investigador e aos profesionais da xestión de transferencia, as habilidades e técnicas para que poidan propiciar estratexias de comunicación en tres dimensións: no plano escrito, no plano oral e na divulgación de actividades e proxectos de I+D á sociedade e en diferentes contornas. O curso, que é de carácter gratuíto, ofrece 18 prazas. Ten unha duración de 14,5 horas, distribuídas en 2 sesións. Celebrarase en Vigo, no Instituto de Investigación Mariñas -CSIC, os días 21 e 22 de setembro de 2023 en horario de 9:00 a 17:30 h.
ORGANIZA | GAIN - CSIC |
---|---|
MODALIDAD | PRESENCIAL |
FECHA | 21 e 22 de setembro de 2023 |
LUGAR | Instituto de Investigacións Mariñas – CSIC, Rúa de Eduardo Cabello, 6, 36208 Vigo (Pontevedra) |
CONTACTO | 963 877 048 / dina@ingenio.upv.es |
Visita nuestras redes sociales