Co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, a directora científica do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, Eva Poveda, participou na xornada “Liderazgo da muller: coloquio coas directoras científicas dos Institutos de Investigación Sanitaria (IIS)” organizada desde o Instituto de Saúde Carlos III. Esta xornada divulgativa, na que acudiron 150 estudantes de ESO e Bacharelato, desenvolveuse o xoves día 9 de febreiro no Salón Ernest Lluch do Campus de Chamartín do Instituto e puido seguirse en directo desde a canle de Youtube do ISCIII.
A xornada estivo enfocada a visibilizar o papel de liderado das directoras científicas dos Institutos de Investigación Sanitaria (IIS) acreditados polo ISCIII, co obxectivo de fomentar o interese pola ciencia entre nenas e adolescentes, impulsar a divulgación científica, visibilizar o papel das mulleres, presentar exemplos de liderado científico feminino de referencia e incentivar vocacións científicas investigadoras.
A directora do IIS Galicia Sur respondeu as preguntas que expuxeron as e os estudantes: Como é o voso día a día no traballo? (Min 00:31:10); Sempre pensaches en dedicar a túa vida á ciencia a pesar das dificultades que iso supón? Algunha vez pensaches en renunciar? (Min 00:44:08); Cumpríronse as vosas expectativas sobre a investigación? (Min 1:11:16)
La directora del IIS Galicia Sur respondió a las preguntas que plantearon las y los estudiantes: ¿Cómo es vuestro día a día en el trabajo? (Min 00:31:10); ¿Siempre pensaste en dedicar tu vida a la ciencia a pesar de las dificultades que eso supone? ¿Alguna vez pensaste en renunciar? (Min 00:44:08); ¿Se han cumplido vuestras expectativas sobre la investigación? (Min 1:11:16)
No transcurso do evento proxectouse tamén un vídeo divulgativo no que participou Eva Poveda, xunto con outras 9 directoras científicas que na actualidade están á fronte de 10 dos 34 institutos de saúde acreditados en España, realizado co fin de animar ás nenas e mozas a desenvolver a súa vocación profesional no ámbito das ciencias e a investigación. Podes ver as declaracións de todas as directoras neste vídeo e, máis concretamente, a intervención da directora científica do IIS Galicia Sur na seguinte ligazón.
Visita nuestras redes sociales