Con motivo da concesión da Insignia de Ouro Asomega ao Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, a súa directora Científica. Eva Poveda, foi entrevistada pola devandita asociación.
Nos seus comentarios, Poveda destaca “A acreditación por parte do ISCIIIS, que nos sitúa na elite da investigación biomédica a nivel nacional para afrontar os grandes retos en saúde”, e lembra, así mesmo, que: “somos unha institución moi comprometida coa investigación e innovación responsables”.
Doutra banda, nesta entrevista Eva Poveda afirma que: “Estamos a traballar por promover unha ciencia moito máis aberta, unha ciencia inclusiva que teña en conta as inquietudes e as expectativas da sociedade”, e lembra que “A actividade investigadora é un bo indicador da calidade da asistencia sanitaria”; polo que é “moi importante reforzar e potenciar o perfil clínico investigador”. Iso precisamente está recollido dentro dos grandes obxectivos do noso plan estratéxico 2022-2026”.
Ver entrevista en Youtube:
Visita nuestras redes sociales