
De esquerda a dereita: Luisa de Castro Parga, Carmen Domínguez Grandal, Raúl Vázquez Valleres y Carlos Spuch Malvar (Foto: Faro de Vigo)
• A súa participación nunha conferencia-coloquio organizada polo Club Faro de Vigo serviu para trasladar as principais conclusión da súa investigación sobre esta patoloxía
Alertar do aumento paulatino de casos de EII na poboación e a gran importancia que unha alimentación sa e alonxada de pesticidas e tratamentos químicos ten para a prevención destas enfermidades son algúns dos principais temas tratados polas investigadoras do IISGS Domínguez Grandal e de Castro Parga, así como do investigador Spuch Calvar, na súa participación no coloquio que, baixo o título: Enfermidade Inflamatoria Intestinal. Unha enfermidade emerxente, organizou o Club Faro de Vigo o 23 de xanaeiro pasado no salón de actos do Museo de Arte Contemporáneo de Vigo-MARCO.
O encontro serviu para ofrecer unha visión polifacética deste tema, tratando de expoñer desde os beneficios dunha alimentación baseada en produtos ecolóxicos, ata as posibles consecuencias que os compostos químicos presentes nos alimentos poden mostrar en patoloxías asociadas relacionadas coa neuroloxía, pasando polo seu posible papel nunha maior frecuencia desta enfermidade derivada de factores ambientais, tal e como se reflicte na noticia publicada no Faro de Vigo. Así mesmo, transmitiron a responsabilidade dos científicos no labor de concienciación á poboación en xeral das bondades dunha dieta onde se prime a calidade.
A doutóra María del Carmen Domínguez Grandal, é farmacéutica especialista do Servizo de Análises Clínicas do Hospital Meixoeiro de Vigo e investigadora colaboradora do Grupo Investigacións Agroalimentarias, mentres que a doutora María Luisa de Castro Parga, pertence ao Servizo de Dixestivo do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e é investigadora senior do Grupo Patoloxía Dixestiva. Finalmente, o doutor en Bioloxía Molecular, Carlos Spuch Calvar, é investigador senior do Grupo Neurociencia Traslacional.
Visita nuestras redes sociales