O proxecto europeo PERSIST acaba de estrear canal en YouTube e faino compartindo unha serie de vídeos explicativos sobre o papel de cada unha das entidades participantes.
O Dr. García Mata, investigador que lidera a participación do SERGAS e membro do Grupo de Oncoloxía Dixestiva (GIODO) do IIS Galicia Sur explica brevemente neste vídeo o papel do IISGS no proxecto e os principais resultados que agardan obter.
PERSIST, que se iniciou a comezos do ano, pretende combinar a intelixencia artificial e o Big Data para mellorar a atención dos pacientes superviventes de cancro. Para isto conta cos coñecementos e experiencia dun consorcio formado por entidades de España, Italia, Austria, Bulgaria, Eslovenia, Letonia, Suiza, Portugal, Bélxica e Turquía para o desenvolvemento dunha plataforma innovadora que apoie a toma de decisións médicas e mellore a atención aos superviventes.
O Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) será o único hospital de España que aporte pacientes ao estudo clínico que se desenvolverá no marco del proxecto.
Visita nuestras redes sociales