• A iniciativa, primeira deste tipo que se realiza en España, establecerá unha cohorte de 200.000 pacientes
• O proxecto constituirá unha plataforma dispoñible para todos os investigadores do Sistema Nacional de Saúde
• Baséase na colaboración entre profesionais de Atención Primaria, epidemiólogos e investigadores clínicos e básicos
Dúas investigadoras representarán ao Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) no macroestudio de Medicina Preditiva que pon en marcha o Instituto de Salud Carlos III. A plataforma, que se realiza a nivel nacional, baséase en estudos preditivos cos datos que acheguen as distintas comunidades autónomas e áreas sanitarias.
A plataforma está coordinada en Galicia polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) a través dos institutos de investigación. En representación del IISGS estarán Ana Clavería, como persoal de Atención Primaria e coordinadora da área Eficiencia e Calidade en Servizos de Saúde, Seguridade do Paciente e Economía da Saúde; e a investigadora senior e responsable do Grupo de Viroloxía y Patoxénesis, e da Cohorte COVID-19 do IISGS (COHVID-GS), Eva Poveda.
A cohorte CIBER-SNS estudará casos dunhas 200.000 persoas representativas das distintas zonas de España, “e ten suma importancia xa que será a base para unha infinidade de proxectos futuros, másteres, teses doutorais e novas investigacións; sen dúbida é unha extraordinaria formulación”, explica Clavería. Existe un proxecto similar en Estados Unidos que traballa con ao redor dun millón de persoas.
De feito, o proxecto constituirá unha base sobre a que poderán traballar ou da que poderán beneficiarse todos os investigadores do Sistema Nacional de Saúde.
Distintas sociedades profesionais
A cohorte CIBER-SNS (Centro de Investigación Biomédica en Red-Sistema Nacional de Salud) é a aposta do ISCIII para o seu programa de medicina preditiva dentro da convocatoria para a creación dunha Infraestrutura de Medicina de Precisión asociada á Ciencia e Tecnoloxía (IMPaCT). O investimento previsto para o programa ascende a máis de 13 millóns de euros.
“Polo seu gran tamaño e ampla cobertura xeográfica, permitirá representar a variabilidade étnica e a diversidade xeográfica e ambiental de todo o país. O seu desenvolvemento liderarase desde o CIBER de Epidemioloxía e Saúde Pública (CIBERESP), coa participación de todas as áreas temáticas do CIBER, dos servizos de saúde de todas as Comunidades e Cidades Autónomas, con gran implicación da Atención Primaria (REDIAPP), e a colaboración do Instituto Nacional de Estatística”, recalca Ana Clavería.
De feito, a Sociedade Española de Epidemioloxía elaborou recentemente un documento no que, entre outras cuestións, recolle que “permitirá a análise de desigualdades de saúde, a monitoraxe e vixilancia da saúde pública, a construción de modelos preditivos de enfermidade, e a avaliación de políticas de saúde”.
Aos traballos incorporaranse procedementos novos de recollida de mostras biolóxicas, e de valoración de variables de exposición baseadas nun completo modelo biopsico-social de saúde, e abordaranse todas as enfermidades e condicións de saúde con relevancia social.
Por tanto, a cohorte CIBER-SNS poderá responder a un gran número de preguntas de investigación que, entre outras, inclúen os efectos sobre a saúde das formas de vida típicas dos residentes en España, con estilos de vida e de interacción social diferentes, así como a influencia das características da “vida dixital”, de importancia crecente, sobre os nosos estilos de vida e saúde.
Nos medios
«Dos investigadoras representarán al Instituto Galicia Sur en un macroestudio de medicina predictiva»
Visita nuestras redes sociales