O proxecto PERSIST “Patients-centered SurvivorShIp care plan after Cancer treatments based on Big Data and Artificial Intelligence technologies” difundiu unha nova newsletter con información sobre o desenvolvemento do proxecto e outras cuestións de interese relacionadas coa súa temática. Inclúe seccións para profesionais, pacientes, e tamén as entradas máis recentes do Blog de Persist.
PERSIST é un proxecto europeo financiado polo programa Horizonte 2020 e no que colaboran máis de 50 expertos do mundo da Saúde, a Intelixencia Artificial e ol Big Data, entre eles, investigadores do grupo de Oncoloxía Dixestiva e profesionais da Unidade de Metodoloxía do IIS Galicia Sur. O proxecto iniciouse en 2020 e persegue desenvolver unha plataforma innovadora para apoiar a toma de decisións médicas que melloren a atención dos pacientes superviventes de cancro.
Se che te interesa, podes subscribirte a través do seguinte enlace e recibir no teu correo as próximas newsletters, para estar ao día no mundo da IA e o Big Data aplicados á saúde.
Visita nuestras redes sociales