A Axencia de Coñecemento e Sáude (ACIS), dependente da Xunta de Galicia, seleccionou para financiamento a catro proxectos de investigación do IIS Galicia Sur sobre covid, pola súa relevancia e repercusión nos coñecementos sobre os distintos aspectos do coronavirus. ACIS subvenciona, dentro do programa Traslaciona COVID-19, a proxectos dos tres institutos de investigación de Galicia. Aos proxectos do IISGS, todos eles de carácter multidisciplinar, correspondéronlle 234.000 euros.
“Evolución clínica poshospitalización e secuelas pulmonares a medio e longo prazo da pneumonía grave por SARS-CoV-2”, dirixido polo xefe de Pneumoloxía do Chuvi e líder do Grupo NeumoVigo I+i, Alberto Fernández Villar; “Epidemiología xenómica e monitorización en tempo real do SARS-CoV-2 en Galicia”, liderado por David Posada, Grupo Xenómica do Cancro, do CINBIO-Universidade de Vigo e ; “Ensaio clínico en fase II aleatorizado para avaliar a eficacia e seguridade da inmunoterapia pasiva con plasma de doante curado”, dirixido pola xefa de Hematoloxía del Chuvi, Carmen Albo; e “Modelo de infección por SARS-CoV-2”, do Grupo de Microbioloxía e Infectoloxía, liderado polo xefe de Microbioloxía do Chuvi, Benito Regueiro, son os traballos subvencionados.
O director científico do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, José Ramón Fernández Lorenzo, subliña que a investigación “so ten un sentido, que é mellorar a vida das persoas e estes proxectos pretenden aumentar o coñecemento sobre o coronavirus, para poder ‘anticiparse’, prever o seu comportamento, e as secuelas da enfermidade”.
Visita nuestras redes sociales