LA PRENSA SE INETERESA POR EL PROYECTO ACE PUBLICANDO VARIOS REPORTAJES SOBRE SU ACTIVIDAD

O investigador principal do grupo, José Manuel Rosendo Fernández. (Foto: Mónica Irago. La Voz de Galicia)
O proxecto ACE (Advanced Cutaneous Evaluator) desenvolto polo Grupo Calidade de Vida e Economía da Saúde ‘QoLE’ do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, prevese que entre proximamente nunha fase de comprobación a unha maior escala, co fin de testar a eficacia desta aplicación desenvolvida conxuntamente con Gradiant. Tras estas probas, e unha vez demostrada a súa eficacia, a idea é implementalo a nivel autonómico.
Así o afirma o seu investigador principal, José Manuel Rosendo Fernández, nas reportaxes que publican Faro de Vigo do 6 de marzo e o Diario de Pontevedra do 12 de marzo, e na entrevista realizada en COPE Vigo, o 10 de marzo pasado, Rosendo Fernández, que é ademais supervisor de Procesos e Coidados de Enfermería e responsable da Unidade de Feridas da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, realiza un repaso desde o inicio do proxecto e avanza a etapa que se iniciará en breve. No proxecto participan tamén os profesionais de enfermería José Antonio Esperón Güimil, María Teresa Loureiro Rodríguez e Ana García Fernández, da mesma área sanitaria.
Visita nuestras redes sociales