- O presidente de Asomega, o doutor Julio Ancochea, destaca que, coa recente acreditación do IISGS por parte do ISCIII “péchase o círculo e convirte a Galicia nunha das comunidades con más institutos acreditados”
- Esta distinción é compartida cos outros dous institutos de investigación sanitaria de Galicia: IDIS e INIBIC
A xunta directiva e a asemblea de socios da Asociación de Médicos Gallegos (Asomega) decidiu por unanimIdade na súa última reunión celebrada no pasado mes de decembro conceder a Insignia de Ouro Asomega 2022 aos tres institutos de investigación sanitaria de Galicia: IDIS, Inibic e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur-IISGS.
Segundo o presidente de Asomega, o doutor Julio Ancochea, estas entidades “aglutinan as cuestións fundamentais que definen a nosa asociación: docencia, investigación e asistencia, como eixos da acción sanitaria”. Así mesmo, destacou que “a recente acreditación do IISGS por parte do ISCIII pecha o círculo e convirte a Galicia nunha das comunidades con más institutos acreditados, só superada por Madrid, Cataluña e Andalucía”.
A Insignia de Ouro é a máxima distinción coa a que Asomega trata de recoñecer o labor desenvolvido por unha personalidade, ben polo seu apoio á entidade, ben polo seu traballo a prol de Galicia e a súa cultura. Como norma xeral, outorgase a título particular, pero xa na súa 18ª edición concedéuselle a Cáritas España, e, desta vez, aos tres institutos sanitarios galegos. Seguir Lendo
Visita nuestras redes sociales