Os microbiólogos Maximiliano Álvarez, Lucía Martínez e as investigadoras Clara Póvoa e Mónica Tomé, integrantes do Grupo de Microbioloxía e Infectoloxía, en colaboración cos odontólogos Pedro Diz e Jacobo Limeres, da USC, describiron unha nova bacteria que actúa como protectora fronte á carie e ten propiedades contra a periodontite e a halitose. Patentárona e están en negociacións cunha empresa para conseguir levala ao mercado coma probiótico. A bacteria denominouse Downii, en recoñecemento ao colectivo de persoas con síndrome de Down, xa que se descubriu que estes pacientes teñen maior cantidade desta bacteria protectora.
Visita nuestras redes sociales