O servizo de aparato dixestivo, en colaboración co IIS Galicia Sur organizou un seminario práctico de formación en endoscopia con técnicas avanzadas para o tratamento de dúas patoloxías de esófago, o divertículo de Zenker e a achalasia. Trátase de patoloxías pouco frecuentes, pero cuxo tratamento por vía endoscópica resulta mellor para o paciente, xa que evita la cirurxía, segundo indica unha das coordinadoras do curso, a Dra. Mª Luísa de Castro Parga, do Grupo de Patoloxía Dixestiva e adxunta do servizo de aparato dixestivo do CHU de Vigo. O seminario estivo a cargo do Dr. Eduardo Albéniz, do CHU de Navarra, experto nestas técnicas, e da Dra. Pamela Estévez, tamén integrante do Grupo de Patoloxía Dixestiva e facultativa do CHU de Vigo. A iniciativa persegue consolidar nos próximos anos este tipo de xornada formativa no Hospital Álvaro Cunqueiro, que conta cunhas instalacións e equipamento endoscópico de alta calidade, como salienta o xefe de servicio, o Dr. Rodríguez Prada.
Visita nuestras redes sociales