O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo acollerá a 89ª edición da reunión da Rede Europea de Investigación en Medicina de Familia, que terá lugar do 17 ao 20 de outubro e na que se agarda a presenza de ata 150 especialistas internacionais en Atención Primaria.
Ana Clavería, investigadora líder do Grupo I-Saúde del IIS Galicia Sur, é a coordinadora do evento. Resalta a importancia de que os expertos aterricen na Área “polo nivel de investigación que hai na EOXI” e a “implicación do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur” nos proxectos.
A reunión estará orientada á participación, con debates abertos e tempo para establecer a base de futuros proxectos multicéntricos e internacionais. Como actividade de promoción da saúde, estase a organizar unha andaina polo Camiño de Santiago nos días previos ao congreso.
O lema da reunión será “Medicina de Familia e comunidade: investigación sobre os servizos de saúde, melloras de calidade e formación“. Tamén haberá cabida cabida para todo tipo de investigacións centradas na Atención Primaria, de persoal de enfermaría, medicina, farmacia e outros perfís investigadores.
O programa configurarase próximamente, unha vez cerrado o prazo de presentación de resumos (finaliza o 15 de xullo) e realizada a selección entre todas as propostas enviadas. “Por ese motivo aínda non se coñecen as persoas concretas que presentarán as comunicacións na reunión. Só hai dúas que si son fixas. Unha delas é unha especialista irlandesa e outro é Jordi Varela, especialista en Medicina de Familia e experto en xestión sanitaria”, explica Ana Clavería.
Mais de 120.000 médicos de familia europeos
A rede europea forma parte da Organización Mundial de Médicos de Familia. A rama rexional desta organización, WONCA Europa, é a sociedade académica e científica europea mais importante para a medicina xeral e familiar. Representa a 47 organizacións membros e a mais de 120.000 médicos de familia que traballan en países europeos. Unha das súas ramas é a Rede Europea de Investigación en Medicina de Familia – EGPRN (European General Practice Research Network). Trátase dunha organización de médicos de familia e outros profesionais da saúde involucrados na investigación en Atención Primaria e Medicina de Familia.
O seu obxectivo é proporcionar unha contorna adecuada para discutir e desenvolver a investigación nese nivel asistencial; fomentar e coordinar estudos multinacionais, intercambiar experiencias e desenvolver unha base científica validada para a práctica xeral. Ademais, EGPRN tamén ofrece aos médicos de familia a oportunidade de reunirse con colegas estranxeiros que promoven a colaboración e facilitar estancias en centros de prestixio noutros países.
Visita nuestras redes sociales