ENTREVISTA Á DOUTORA PÉREZ MEDRANO (Faro de Vigo, 05-03-2023 Ed. Pontevedra)
• “A colianxite biliar primaria é unha enfermidade máis frecuente nas rexións norte, aínda que chamounos moito a atención o aumento da incidencia en Galicia”, dí a investigadora do IISGS
A doutora Indhira Pérez Medrano, investigadora do Grupo Hepatoloxía – Enfermidades Inflamatorias Intestinais do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, advirte da dificultade á hora de diagnosticar a coliangitis biliar primaria e outras enfermidades hepáticas, xa que “Son patoloxías que en ocasións pasan inadvertidas porque non teñen unha sintomatoloxía moi acusada”. Esta afirmación da investigadora do IISGS, e membro do Servizo de Patoloxía Dixestiva do Complexo Hospitalario de Pontevedra, foi recollida na reportaxe realizada o domingo, 5 de marzo, pola edición de Pontevedra de Faro de Vigo, e no que destaca que o CHOP trata a uns 270 pacientes de enfermidades hepáticas pouco comúns, como son a hepatite autoinmune, a colianxite biliar primaria (CBP) e a colianxite esclerosante primaria (CEP).
Máis casos
De modo xenérico, estas patoloxías son enfermidades que afectan máis a mulleres. “Aparecen alteracións nas analíticas, moi discretas, das transaminasas. Cando o médico de cabeceira ve estes valores de repetida alteración discreta do perfil hepático empezamos a facer o protocolo de estudo. Pídese unha seroloxía para ver se hai un proceso de infección crónica ou por virus, como a hepatite B ou C, e tamén se pide o perfil de autoinmunidade. Así, vese en que categoría pode estar a paciente”, comenta a doutora Pérez Medrano.
Aínda que a CBP é unha enfermidade é máis frecuente nas rexións norte, segundo di Indhira Pérez Medrano: “É certo que nos últimos anos chamounos moito a atención por aumento da incidencia, tanto a nós como a outros compañeiros de hepatoloxía de Galicia”. Por iso, desde o ano pasado están a rexistrarse os casos de diferentes zonas para ter evidencias desa incidencia elevada destas enfermidades pouco prevalecentes de seu.
A doutora Pérez Medrano publicou recentemente na prestixios revista internacional Hepatology a súa investigación ao redor da hepatite autoinmune.
Visita nuestras redes sociales