O proxecto PERSIST, no que participan SERGAS e Fundación Biomédica Galicia Sur, celebrou recentemente a súa reunión de lanzamento, que tivo lugar nas instalacións de Gradiant. O encontro, no que participaron 40 expertos europeos, permitirá ao consorcio establecer os primeiros pasos sobre os puntos clave a investigar para coñecer en profundidade os problemas que se atopan os pacientes que sobreviven ao cancro de mama e colorrectal.
PERSIST combinará a intelixencia artificial e o Big Data para mellorar a atención dos pacientes superviventes de cancro. Para isto contará cos coñecementos e experiencia dun consorcio formado por entidades de España, Italia, Austria, Bulgaria, Eslovenia, Letonia, Suiza, Portugal, Bélxica e Turquía para o desenvolvemento dunha plataforma innovadora que apoie a toma de decisións médicas e mellore la atención aos superviventes. Está financiando pola Unión Europea con mais de 5 millóns de euros no marco do programa Horizonte 2020, dos que España recibirá o 35% do financiamento total.
Dentro dos socios españois que forman parte do proxecto, o Servizo de Oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense – SERGAS é o único centro que incluirá pacientes no estudio a nivel nacional. Participan en PERSIST os investigadores Mercedes Salgado, Jesús García Mata, Jesús García Gómez, oncológos do CHU de Ourense e integrantes do grupo Oncoloxía Dixestiva e os membros da Unidade de Metodoloxía do IIS Galicia Sur, Ángel Salgado Barreira, Cristina Martínez Reglero e Emilia Balboa Beltrán.
IA e Big Data para la mellorar a sanidade
O principal reto de PERSIST é mellorar a calidade de vida dos pacientes que sobreviven ao cancro de mama e colorrectal. Empregando tecnoloxías de intelixencia artificial e Big Data, os expertos desenvolverán un innovador ecosistema que apoie a toma de decisións dos facultativos contribuíndo a decisións de tratamento óptimas.
O proxecto PERSIST estará composto por un sistema de apoio á decisión clínica baseado en novos modelos de análise de datos sanitarios e, por outra banda, por un sistema mHealth para a monitorización remota e personalizada de cada paciente. Ademais, los socios desenvolverán unha plataforma Big Data que integra os dous sistemas anteriores e se conectará aos sistemas de historia clínica de calquera hospital.
A iniciativa contempla a realización dun piloto transnacional con mais de 150 pacientes e 32 profesionais do ámbito da saúde de 4 países distintos, que será decisivo para establecer una metodoloxía de co-creación que abranga dende as fases iniciais do proxecto ata a súa conclusión .
Aprobado na convocatoria Big data and Artificial Intelligence for monitoring health status and quality of life after the cancer treatment (SC1-DTH-01-2019) PERSIST da os seus primeiros pasos con esta reunión internacional e finalizará en febreiro de 2023. Forman parte do consorcio: Gradiant (coordinador), SERGAS-Fundación Biomédica Galicia Sur e DXC Technologies (España); Univerza Mariboru e Univerzitetni Klinicni Center Maribor (Eslovenia); Haute Ecole Specialisée De Suisse (Suiza); Latvijas Universitate (Letonia); Cyberethics Lab (Italia); Centre Hospitalier Universitaire de Liège (Bélxica); Symptoma (Austria); Rubynanomed (Portugal); National Patients’ Organization (Bulgaria); e Emoda (Turquía).
O camiño por diante
Todos os socios se reuniron neste primeiro encontro para facer realidade o ambicioso proxecto, onde compartiron os seus coñecementos, experiencias e plans para o futuro desenvolvemento. A reunión comezou cunha introdución do Proxecto PERSIST e a participación activa de todos os interesados presentes. A continuación, tiveron lugar presentacións e debates específicos nos que todos os asociados amosaron claramente o papel que se lles tiña asinado no proxecto e o xeito en que podían contribuír á mellora do mesmo.
A variedade de expertos reunidos no encontro de lanzamento pode percibirse como una grande contribución e incremento de valor a todos os aspectos de PERSIST. Durante o primeiro ano, o proxecto centrarase principalmente na recompilación de datos, a análise e la investigación, polo que se intercambiaron activamente ideas e suxestións durante toda a reunión. Deixouse claro que se analizará cada pequeno detalle do proxecto para acadar a máxima eficiencia e ser o más produtivo posible en beneficio dos clínicos e pacientes superviventes do cancro.
O día de clausura da reunión os socios separáronse cunha visión, misión e determinación clara sobre o futuro de PERSIST. No mundo dixital actual, os pacientes van confiar cada vez mais nas solucións dixitais para superar as dificultades relacionadas co seu tratamento. Sen embargo, o libre acceso a Internet e aos datos presenta desafíos, polo que esta iniciativa común chega no momento oportuno, proporcionando información segura e protexida coordinada por pacientes, clínicos e expertos.
Este proxecto recibiu fondos do programa de investigación e innovación Horizon 2020 da Unión Europea en virtude do acordo de subvención Nº 875406.
Visita nuestras redes sociales