25 de novembro, Día Internacional da Eliminción da Violencia contra a Muller
• O Plan de Igualdade nace como un instrumento de impulso e planificación da política de igualdade dentro da organización
• O Plan foi definitivamente asinado o 14 de novembro pasado entre representantes da Fundación e das traballadoras e traballadores, e atinxe aos centros de traballo deste organismo existentes nos Hospitais Álvaro Cunqueiro (Vigo), Montecelo (Pontevedra) e Ourense
• Xunto con el, tamén foi aprobado o Protocolo de Prevención e Actuación Fronte ao Acoso Sexual
“Conseguir unha organización mñasi competitiva nun marco laboral no que se respecte a diversidade e no que mulleres e homes podan traballar en igualdade de condicións e oportunidades”. Este é o obxectivo xeral do Plan de Igualdade da Fundación Biomédica Galicia Sur , segundo se reflicte na introducción do seu texto definitivo aprobado o 14 de novembro pasado entre representates da Fundación e das súas traballadoras e traballadores, e que servirá de marco referencial dos obxectivos particulares e as actuacións que se desenvolverán nos catro anos próximos dentro desta organización, tendentes a establecer unha contorna na que prevaleza a igualdade de persoas sen descriminación por razón de xénero, e entedendo como igualdade: “conseguir a igualdade real, o que supón non só evitar as discriminacións por razón de sexo (igualdade de trato), senón, tamén, conseguir a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no acceso á empresa, a contratación e as condicións de traballo, a promoción, a formación, a retribución, etcétera.”
Desta forma, o Plan de Igualdade da Fundación Biomédica Galicia Sur será un instrumento de impulso e planificación da política de igualdade dentro da empresa. Así, tal e como se pode ler tamén na súa introdución, trátase “dun marco referencial que estableza os obxectivos para cumprir e as actuacións para desenvolver por parte de todas as áreas implicadas, que supón non só a posibilidade de establecer que se quere conseguir e como, senón tamén de avaliar, unha vez acabado o seu período de vixencia, o grao de cumprimento alcanzado polo Plan”.
Características do Plan de Igualdade
Para a elaboración deste Plan, realizouse un completo diagnóstico da situación e posición das mulleres e homes dentro da empresa co fin de detectar posibles discriminacións e/ou desigualdades, directas ou indirectas, que requirisen adoptar medidas para erradicar a súa existencia e corrixir calquera desviación do principio fundamental de respecto á igualdade, elaborándose un plan acorde coas necesidades e características reais da contorna laboral da Fundación e dos centros que coordina.
Así, este plan quere dar unha resposta a esta realidade de maneira colectiva (deseñado para o conxunto do persoal, non só no que atinxe ás mulleres), participativa (abrindo diálogo e cooperación entre a dirección da empresa, a representación das traballadoras e traballadores, e o conxunto do persoal), preventiva (eliminando calquera razón futura de discriminación por cuestión de xénero), dinámica (aberto a cambios en función das posibles necesidades que aparezan), adoptando a transversalidade de xénero (incorporando a perspectiva de xénero na xestión da empresa en todas as as súas políticas e a todos os os seus niveis), comprometida (achegarse a un nivel de compromiso por parte da empresa que garante os recursos humanos e materiais necesarios para implantar esta igualdade) e de adhesión, (xa que ten que ser asumido, tanto pola dirección da empresa, como polos responsables de áreas, mandos intermedios e traballadores e traballadoras).
Tres fases, cunha Comisión de Seguimento e Avaliación
A estruturación deste Plan de Igualdade da Fundación Biomédica Galicia Sur consta de tres fases: diagnóstica, que como se dixo realizouse a partir da análise da información cuantitativa e cualitativa solicitada á empresa, con datos referentes aos anos 2018 a 2021. A redacción do Plan —sería a segunda fase xa abordada—, elaborado a partir das conclusións do diagnóstico e das carencias detectadas en materia de igualdade entre as persoas que integran a empresa, así como establecendo medidas que favorezan o reforzo daquelas áreas que se consideran estratéxicas para alcanzar a excelencia na igualdade, os obxectivos parciais, as persoas implicadas, os recursos, a formación, etcétera.
Finalmente, coa súa aplicación tras a súa firma o 14 de novembro pasado, comezarase a elaborar un diagnóstico continuado, de maneira que se poida testar a efectividade do Plan, o seu grao de implantación, as necesidades de medidas correctivas… Será, así mesmo, a Comisión de Seguimento —formada por representantes da xestión da Fundación e representantes sociais/sindicais das e dos traballadores— a encargada de realizar o informe final da efectividade do Plan.
Este Plan está á disposición pública na seguinte ligazón: https://www.fundacionbiomedica.org/wp-content/uploads/2022/11/Plan-de-Igualdade-FBGS.pdf
Como non podería ser doutra maneira, o Plan foi redactado conforme ao Convenio Colectivo proprio da Fundación Biomédica e toda a lexislación, competente neste campo, europea, nacional e autonómica.
Este Plan está a la disposición pública en el siguiente enlace: https://www.fundacionbiomedica.org/wp-content/uploads/2022/11/Plan-de-Igualdad-FBGS.pdf
Como no podría ser de otra manera, el Plan fue redactado conforme al Convenio Colectivo proprio de la Fundación Biomédica y toda la legislación, competente en este campo, europea, nacional y autonómica.
Protocolo de Prevención e Actuación Fronte ao Acoso Sexual
Xunto co Plan de Igualdade, a Fundación Biomédica Galicia Sur acaba de aprobar o Protocolo de Prevención e Actuación Fronte ao Acoso Sexual, Laboral, por Razón de Sexo, Orientación Sexual, Identidade e/ou Expresión de Xénero da Fundación Biomédica Galicia Sur, coa que a organización “manifesta a súa tolerancia cero ante a concorrencia en toda a súa organización de condutas constitutivas de acoso sexual, laboral, por razón de sexo, orientación sexual, identidade e/o expresión de xénero e manifesta e publicita a súa vontade expresa de adoptar unha actitude proactiva tanto na prevención do acoso —sensibilización e información de comportamentos non tolerados pola empresa—, como na difusión de boas prácticas e implantación de cantas medidas sexan necesarias para xestionar as queixas e denuncias que a este respecto póidanse expoñer, así como para resolver segundo proceda en cada caso”.
Neste Protocolo reflíctense tanto actuacións preventivas como condutas efectivas ou explícitas de acoso sexual laboral, expoñendo exemplos de condutas verbais, non verbais e, mesmo, físicas que son constitutivas de acoso sexual e por iso denunciables, chegando a definir aspectos de acoso como o quid pro quo, o mobbing, ou o acoso moral, entre outras, co fin de que aquela persoa que se vexa ameazada poida determinar indubitablemente a clase de acoso á que foi sometida.
Tamén se establecen os procedementos de actuación no tocante ás denuncias, os tipos de expedientes que se poden abrir; ademais da tipoloxía das faltas e graos que se poden aplicar e modelos de formularios de denuncias.
Para acceder ao contido deste Protocolo, pódese facer a través desta ligazón: https://www.fundacionbiomedica.org/wp-content/uploads/2022/11/Protocolo-de-Acoso-FBGS.pdf
Conforme ao HRS4R
Ambos documentos recientemente aprobados y ya en vigor están en consonancia con uno de los aspectos esenciales del sello HRS4R, recientemente obtenido por el Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, a través de la Fundación Biomédica Galicia Sur, y que refleja el compromiso de la institución en la mejora continua de las políticas de recursos humanos en línea con la Carta Europea de Investigadores y el Código de Conducta para el reclutamiento de investigadores (Charter and Code, C&C), así como con el desarrollo de una política de contratación transparente, abierta y basada en méritos (OTM-R).
Visita nuestras redes sociales