A investigación sobre a Covid-19 que leva a cabo por profesionais de distintos servizos está a abrir portas a outros campos que ata o de agora non se exploraron. O caso máis concreto é o derivado do Proxecto Pooling, que se realiza no IIS Galicia Sur.
O Servizo de Microbioloxía, do que depende o Pooling e que dirixe Benito Regueiro, é sen dúbida un dos que está a ampliar o seu horizonte en canto á investigación. Non se trata soamente de recoller e analizar as mostras de saliva. Como explica nesta reportaxe de recente publicación o microbiólogo Xurxo Cabrera (un dos responsables do proxecto) un dos retos que ten por diante é a vixilancia experimental e práctica da resposta inmune que produce a vacina na poboación que vai recibindo as súas doses.
Outro dos avances nos que se traballa é a secuenciación masiva, na que o servizo xa destaca a nivel nacional. Unha posibilidade que se abriu por mor da Covid-19, pero para a que xa había un traballo de base previo, tal como recoñece, no mesmo reportaxe, a tamén microbióloga, Sonia Pérez.
En palabras do doutor Cabrera, “antes a poboación non sabía nin sequera onde estabamos e desde que comezou isto comprobouse que somos unha parte moi importante de todo o relacionado coa investigación e coa saúde pública”.
Os resultados dos grandes esforzos que se realizan na actualidade comezan xa a verse e serán moito máis visibles no futuro.
Visita nuestras redes sociales