• Está a piques de pechar o ensaio clínico con 60 pacientes tratados
A investigación do IIS Galicia Sur sobre o tratamento da COVID-19 con plasma hiperinmune segue adiante con forza e está a piques de concluír o ensaio clínico no que se trataron xa a 60 pacientes. No estudo participan o Grupo de Enfermidades Infecciosas e o de Hematoloxía y Hemoterapia.
O plasma hiperinmune é un dos tratamentos para a COVID-19 polo que se apostou desde o IIS Galicia Sur e a área Sanitaria de Vigo desde un principio. Non é o único que está en fase de ensaio, pero si un dos máis avanzados.
Unha vez que se peche o ensaio clínico, probablemente a finais deste mes de novembro, será o momento de analizar os resultados, como indica a responsable do Grupo de Enfermidades Infecciosas, a internista María Teresa Pérez.
O uso deste tratamento céntrase nas fases máis iniciais da enfermidade e en pacientes con factores que auguran un peor prognóstico. Aos pacientes administróuselles o plasma antes do quinto día desde o inicio de síntomas, de maneira moi precoz, cando aínda non tiveron tempo de desenvolver as complicacións máis graves.
Visita nuestras redes sociales