Este ano, Vigo correrá para apoiar a investigación sobre o cancro de mama. A “VI Carreira Vigo Contra o Cancro” destinará os fondos recadados á iniciativa BREOGAN (Consorcio Galego de Cancro de Mama), promovida polo IIS Galicia Sur, en concreto ao seu proxecto europeo BRIDGES.
A carreira terá lugar o vindeiro domingo 21 de outubro, en dúas modalidades: 5 km (non cronometrada) e 10 km (proba cronometrada). Tamén é posible colaborar co “dorsal cero“, mediante doazóns para apoiar a investigación. O recadado destinarase integramente ao proxecto BREOGAN e unha pequena parte, coma cada ano, ás actividades cos nenos de oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
nace en 2010, froito da necesidade de unir esforzos en Galicia para a investigación e educación na loita contra o cancro de mama. Foi fundado polos Drs. Esteban Castelao (Unidadede Oncoloxía Xenética, IIS Galicia Sur) e Manuela Gago (IDIS, FPGMS), e participan profesionais e pacientes dos Complexos Hospitalarios Universitarios de Vigo e de Santiago, e da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, en colaboración con empresas e entidades públicas, coma a Xunta de Galicia e o Ministerio de Sanidade.
BREOGÁN persegue aumentar a información dispoñible sobre o cancro de mama para facilitar a súa prevención e diagnose precoz, e ten dous principais obxectivos:
* Determinar o risco individual de padecer cancro de mama. Para logralo compararanse factores de estilo de vida e variantes xenéticas de pacientes con cancro de mama cos de persoas libres da enfermidade, o que permite identificar individuos con risco elevado de padecer a doenza.
* Identificar factores xenéticos e de estilo de vida que estean asociados con certos subtipos de cancro de mama e que afecten á súa resposta clínica.
Para conseguir estes obxectivos BREOGAN conta cun estudo caso-control. Ata o de agora, os casos son 2.000 mulleres diagnosticadas de cancro de mama das áreas sanitarias de Vigo e Santiago, das que se recolleron mostras de sangue, ouriños e tecido tumoral para determinar ADN e ARN, e datos sobre factores de risco e variables clínico-patolóxicas. Os controis son 2.000 mulleres galegas libres da enfermidade elixidas da mesma base poboacional que as pacientes e das cales dispomos de mostras de sangue e ouriños para determinar ADN e ARN e de datos relativos aos factores de risco.
Noticias relacionadas:
«Investigadores del IIS Galicia Sur participan en la iniciativa OncoArray»
«El consorcio gallego BREOGAN participa en el descubrimiento de 72 nuevas variantes genéticas asociadas a un mayor riesgo de desarrollar cáncer de mama»
«Radio Galicia otorga el premio SERenidade 2017 al Grupo Breogán de Investigación»
Visita nuestras redes sociales