O matemático Marcos Loureiro ven de publicar a súa tese doutoral que consiste na posibilidade de predicir a eficacia dos implantes de válvulas aórticas antes de realizar a intervención cirúrxica mediante o emprego de modelos matemáticos.
É o primeiro traballo que relaciona as matemáticas coa actividade asistencial no servizo de Cardioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro. Unha investigación que se canalizou a través do IIS Galicia Sur, Cardioloxía do CHUVI e a Universidade de Vigo.
As propostas de Loureiro levaronse xa á práctica con éxito en implantes de válvulas en varios casos, sobre todo en enfermos de idade avanzada. Mediante o emprego dos modelos matemáticos nos que se introducen como variables o estado físico do paciente, as características da súa patoloxía coronaria e o tipo de válvula a implantar, entre outros, pódese predicir se a intervención será eficaz para o restablecemento do enfermo.
Visita nuestras redes sociales