• A revista científica internacional Cellular & Molecular Immunology cun alto factor de impacto, publica o primeiro traballo de investigación xerado desde a Cohorte COVID do IISGS nunha colaboración co Instituto de Biomedicina de Sevilla ( IBIS)
A Cohorte COVID do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur que coordina a doutora Eva Poveda, é un dos proxectos financiados polo Fondo COVID19 do ISCIII e xa traspasa fronteiras coa primeira publicación internacional realizada cos datos e mostras procedentes desta cohorte.
O traballo que acaba de ser publicado na revista científica Cellular & Molecular Immunology, profundiza nas características do sistema inmunolóxico de persoas con COVID-19, meses despois da infección por SARS- CoV-2.
A publicación é a primeira xerada desde la Cohorte COVID nunha colaboración con investigadoras e investigadores do Instituto de Biomedicina de Sevilla (IBIS) que lideraron o traballo.
A cohorte COVID do IISGS é unha cohorte aberta de pacientes COVID-19 da Área Sanitaria de Vigo asociada a un repositorio de mostras biolóxicas, á que poden ter acceso os investigadores que o soliciten para os seus traballos científicos seguindo o protocolo establecido para a cesión de datos e mostras. O equipo da Cohorte publica unha newsletter semestral coas novidades e actividades que se realizan.
O obxectivo da cohorte é o de centralizar de forma estandarizada e de calidade en base de datos única, información epidemiolóxica e clínica dos pacientes diagnosticados de COVID-19 en seguimento clínico na Área Sanitaria de Vigo. Esta cohorte está asociada a un repositorio de mostras biolóxicas no Biobanco del IISGS que dirixe Susana Teijeira. Actualmente, a Cohorte COVID19 do IISGS, xa conta con datos de máis de 650 pacientes e con ao redor de 14.000 mostras biolóxicas asociadas.
Visita nuestras redes sociales