Xestión de estudos clínicos

A Fundación Biomédica Galicia Sur é a encargada da xestión e tramitación dos estudos e ensaios clínicos que se levan a cabo nos centros sanitarios das áreas de Vigo, Ourense e Pontevedra. Os servizos de apoio e xestión difiren segundo sexan estudos e ensaios comerciais ou de investigación independente.

Estudos e ensaios comerciais

A Fundación traballa para simplificar procedementos e acurtar os tempos de xestión de contratos. O noso labor consiste na coordinación e xestión integral de procedementos administrativos:

  • Negociación, revisión e firma de contratos
  • Seguimento e facturación

Investigación Independente

A Fundación promove activamente a investigación clínica independente. Ofrecemos apoio administrativo e técnico para a posta en marcha de ensaios clínicos e estudos observacionais a todos os investigadores da nosa área.

  • Asesoramento para a solicitude das autorizacións necesarias: Comité de Ética e AEMPS.

  • Apoio na procura de financiamento.

  • Coordinación e xestión integral de procedementos administrativos:

Carteira de Servizos

A Fundación conta cunha Unidade de Ensaios Clínicos (UEC) con persoal formado para realizar labores de Data Manager – Study Coordinator, ademais de contar cun laboratorio totalmente equipado para o procesamento e envío de mostras no marco dos ensaios clínicos.

Servizos Unidade de EECC Servizos procesamento mostras
Solicitude de Servizos UEC