Xestión da investigación

A Fundación Biomédica Galicia Sur encárgase da xestión integral dos proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica que se solicitan e desenvolven nos centros das áreas sanitarias integradas de Vigo, Ourense e Pontevedra:

Servizo de difusión de convocatorias

Difusión de convocatorias de proxectos de investigación, recursos humanos, infraestruturas e outras axudas públicas e privadas de interese en saúde e biomedicina.

Servizo de asesoría na preparación, tramitación e seguimento de proxectos de investigación

Apoio administrativo e técnico á hora de preparar as propostas, procura activa de socios, preparación de orzamentos, elaboración de memorias, seguimento e xustificación de proxectos, así como tramitación de correccións, requirimentos de documentación complementaria e aclaracións.

Xestión de compras e pedidos de material funxible e equipamento con cargo a proxectos de investigación

Tramitación da solicitude de pedido e/ou do orzamento previamente pactado; negociación de orzamentos con provedores; xestión de pedidos, entrega, inventario e arquivo.

Tes unha idea de proxecto?

Esquema_Xestión da investigación GAL

Doazóns e Convenios de Colaboración

A Fundación encárgase da xestión dos fondos recibidos a través de doazóns e convenios de colaboración para a realización de proxectos de investigación, docencia e demais actividades encamiñadas á promoción da investigación.

Contacto

Proxectos Nacionais
Marta S. Álvarez González
986 217 468
marta.alvarez.gonzalez@sergas.es
Proxectos Internacionais
Ana Muñoz Espasandín
986 217 472
ana.munoz.espasandin@sergas.es
Convenios e Doazóns
Margarita Álvarez González – Vigo
986 217 461
margarita.alvarez.gonzalez@sergas.es
Pedro García Puig – Pontevedra
986 800 924
pedro.garcia.puig@sergas.es
Inés Garrido González – Ourense
988 385 474
fundacion.biomedica.ourense@sergas.es

Documentación

Nas seguintes ligazóns atopará os formularios para cumprimentar e enviar á Fundación, necesarios para a xestión e trámite dos seguintes servizos:

Novos formularios (Adaptados á LCSP 2017)

Solicitude Pedido Equipamento
Solicitude Pedido Funxible
Solicitude Servizos

Reembolso de gastos
Pagos a colaboradores

Ligazóns