Nesta entrevista, realizada en “Visto de otro lado”, Daniel Peña (Grupo SING) explícanos como as técnicas de intelixencia artificial e de recoñecemento de imaxes poden axudar aos clínicos a diagnosticar unha enfermidade, no que se coñece coma sistemas de diagnóstico asistido por ordenador. É o caso do proxecto POLYDEEP (Sistema intelixente de detección e clasificación en tempo real de lesións colorrectais mediante deep learning), froito da colaboración entre dous grupos do IIS Galicia Sur, o Grupo SING (Sistemas Informáticos de Nova Xeración) e ol Grupo GIODO (Grupo de Investigación en Oncoloxía Dixestiva de Ourense).
Visita nuestras redes sociales