Misión

A Fundación Biomédica Galicia Sur dá apoio e asesoramento aos profesionais e investigadores dos centros da Xestión Integrada de Vigo, da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e da Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, así como aos investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.

A Fundación ten encomendado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a xestión integral da investigación e innovación que os profesionais da nosa área desenvolven, así como a promoción dos resultados que a actividade investigadora xera.

A nosa misión é impulsar a investigación, a docencia, a innovación e o desenvolvemento científico-tecnolóxico no ámbito sanitario galego. Traballamos para promover a innovación e investigación galegas, poñendo a disposición dos nosos investigadores e do resto da sociedade os medios e recursos necesarios.

img-mision

Os servizos da Fundación Biomédica Galicia Sur estrutúranse en catro áreas

Esquema_Misión_GL