O Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur presenta o seu novo plan estratéxico na Xornada de Encontro de Grupos

JornadasGaliciaSur_albasotelo_004O pasado mércores celebrouse a segunda edición das Xornadas de Encontro para Grupos de Investigación do IISGS no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, un evento que da a coñecer o mapa de liñas e capacidades dos equipos de investigación que conforman o Instituto e que permite dinamizar a relación entre investigadores e favorecer as sinerxías e o estabelecemento de novas vías de cooperación.

Durante o encontro, o Dr. Fernández Lorenzo, Director Científico, presentou o novo Plan Estratéxico do IISGS, que guiará as actuacións que se desenvolverán nos próximos 5 anos. Anunciou tamén que próximamente, o Instituto iniciará os trámites para solicitar a acreditación ao ISCIII (Instituto de Salud Carlos III).

Nesta edición, 27 grupos de investigación participaron no evento, con representación de todas as áreas do Instituto. Presentaron os seus equipos, liñas de investigación, resultados e fitos no último ano e formularon potenciais vías de colaboración.  Pode consultarse o programa completo na seguinte ligazón.

A xornada serviu tamén para presentar os novos grupos incorporados ao instituto en 2016, ano no que se habilitou o proceso de adscrición a través do cal 16 novos grupos de investigación se incorporaron ao IIS Galicia Sur. O Instituto conta na actualidade con 52 grupos de investigación adscritos e agrupa a perto de 800 investigadores e técnicos das EOXI de Vigo, Pontevedra-Salnés e Ourense-Verín-Barco de Valdeorras e da Universidade de Vigo.


NOTICIAS RELACIONADAS:​
 Captura-noticia-ii-encontro-grupos-iisgs  Captura-entrevista-JR-F-Lorenzo

O Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur presenta o seu plan estratéxico de cara á acreditación

Galería de imaxes
II Encontro de Grupos do IIS Galicia Sur · 2017
Share