O consorcio galego BREOGAN participa no descubrimento de 72 novas variantes xenéticas asociadas a un maior risco de desenvolver cancro de mama

Os resultados dun macroestudo desenvolvido dende o Consorcio Internacional OncoArray acaban de publicarse nas prestixiosas revistas Nature e Nature Genetics.

O Consorcio Galego de Cancro de Mama ‘BREOGAN‘, liderado por Esteban Castelao (IIS Galicia Sur) e Manuela Gago (IDIS, FPGMX), contribuíu ao estudo aportando datos de gran calidade de 3000 doentes galegas.

Setenta e dúas novas variantes xenéticas asociadas a un maior risco de desenvolver cancro de mama foron identificadas a través duna importante colaboración internacional que involucra a investigadores dos seis continentes. Destas variantes, presentadas onte nas revistas NatureNature Genetics, 65 son variantes comúns que predispoñen ao cancro de mama en xeral e outras sete predispoñen específicamente ao cancro de mama negativo para receptores de estróxeno, que representa a un subconxunto de casos que non responden ás terapias hormonais, tales como o medicamento tamoxifeno.

Os achados son o resultado do traballo do Consorcio OncoArray, una grande iniciativa a escala mundial que involucra a investigadores de mais de 300 institucións. En total, analizáronse datos xenéticos de 275.000 mulleres, 146.000 das cales foran diagnosticadas con cancro de mama.

O Dr. Esteban Castelao, do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia-Sur (IISGS), e os Dres. Manuela Gago, Ana Vega e Ángel Carracedo, da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), e do Grupo de Medicina Xenómica de la USC, participaron como coautores nestas publicacións a través do estudo «BREOGAN» e do «Estudo de Mulleres Portadoras de Mutacións no xene BRCA1», relativos a familias con cancro de mama hereditario.

BREOGAN, acrónimo en inglés para o Consorcio Galego de Cancro de Mama (BREast Oncology GAlician Network), coordinado en Galicia polos Dres. Castelao y Gago, participa cunha achega de 3.000 pacientes galegas. O Estudo de Mulleres Portadoras de Mutacións no xene BRCA1, coordinado por la Dra. Ana Vega, céntrase en familias galegas con cancro de mama hereditario.

O cancro de mama orixínase por interaccións complexas entre una grande cantidade de variantes xenéticas e o n oso entorno. O compoñente hereditario responsable do risco de padecer cancro de mama débese a unha combinación de variantes infrecuentes en xenes como BRCA1 y BRCA2 que confiren un alto risco de padecer a enfermidade, e moitas outras variantes xenéticas mais comúns que confiren individualmente un pequeno risco. As novas rexións de risco identificadas por estes estudos prácticamente duplican a cifra das que se coñecían ata agora, co cal, o número de variantes comúns coñecidas asociadas co cancro de mama aproxímase a 180.

Ao combinar datos epidemiolóxicos con outros datos do tecido mamario, os investigadores puideron facer prediccións plausibles dos xenes diana en la maioría dos casos. Ademais, amosaron por primeira vez que se trata, con frecuencia, dos mesmos xenes que están alterados nos tumores de mama (cando se desenvolve un tumor, o ADN dentro de las células tumorais muta).

A meirande parte das variantes atopadas polo estudio OncoArray no se atoparon dentro dos xenes, senón mais ben en rexións do xenoma que regulan a actividade dos xenes próximos. Cando os investigadores observaron o patrón destas rexións xenéticas, descubriron que este difería do de aquelas rexións involucradas na predisposición a outras enfermidades comúns.

Ao redor do 70% de todos os casos de cancro de mama son positivos para receptores de estróxeno, o que significa que as células cancerosas teñen unha proteína particular (coñecida como receptor) que responde á hormona sexual feminina estróxeno, permitindo que o tumor medre. Sen embargo, non todas as células cancerosas portan este receptor; as que non o portan coñécense coma “receptor de estróxeno negativas”. Os estudos identificaron rexións xenéticas especificamente asociadas ao cancro de mama positivo para receptores de estróxeno ou ao cancro de mama negativo para receptores de estróxeno, o que subliña o feito de que estes son tipos de cancro bioloxicamente distintos, que se desenvolven de xeito diferente.

As variantes de risco identificadas nos dous estudos galegos son comúns: mentres que algunhas están presentes nunha de cada cen mulleres, outras están en mais da metade de todas as mulleres. Individualmente, os riscos conferidos por cada variante son modestos; sen embargo, debido a que as variantes son comúns e os seus efectos se multiplican xuntos, o efecto combinado é considerable. Por exemplo, os investigadores estimaron que o 1% das mulleres teñen un risco de desenvolver cancro mais de 3 veces superior ao da poboación xeral. Pódense atopar diferencias mais significativas de risco se as variantes xenéticas se combinan con outros factores hormonais e do estilo de vida, que inflúen no risco de desenvolver cancro de mama.

Share