BREOGAN, o Consorcio Galego de Cancro de Mama, busca financiamento para avanzar na investigación

BREOGAN, o Consorcio Galego de Cancro de Mama, busca financiamento para avanzar na investigación

«BREOGAN» (BREast Oncology GAlician Network) é o acrónimo para o Consorcio Galego de Cancro de Mama, unha iniciativa que nace no ano 2010 ante a necesidade de axuntar esforzos en Galicia para a investigación do cancro de mama. Fundado polos Drs. Esteban Castelao (IIS Galicia Sur) e Manuela Gago (IDIS, FPGMX) BREOGAN é o resultado da unión entre doentes e profesionais dos Complexos Hospitalarios Universitarios de Vigo (Drs. Esteban Castelao, Victor Muñoz, Carmen Redondo, Sara Miranda, Manuel Enguix, María José Lamas, Rosa Mallo, Joaquín Casal), de Santiago (Drs. Manuela Gago, Alejandro Novo, Maite Peña) e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (Angel Carracedo). BREOGAN inclúe ensaios clínicos, estudos xenéticos y estudos de epidemioloxía molecular en cancro de mama, tanto en mulleres coma en homes. O noso traballo pretende aumentar a información dispoñible sobre o cancro de mama para facilitar a súa prevención, diagnóstico temprerán e tratamento.

Obxectivos de BREOGAN

O principal obxectivo de este consorcio é o estudo dos factores xenéticos e ambientais que predispoñen á aparición do cancro de mama e como trasladar estes resultados á sociedade. Unha parte importante do traballo está dirixido a identificar rexións do xenoma relacionadas co aumento na susceptibilidade ao cancro de mama, a través de técnicas de xenotipación masiva, para tratar de identificar e realizar o seguimento de aquelas doentes que teñen un maior risco de desenvolver esta enfermidade. Cada tumor nace cunha historia xenética propia; se se identifica a aquelas mulleres cuxa susceptibilidade xenética lles outorga unha maior probabilidade de desenvolver cancro de mama, poderase facer un seguimento adecuado e reducir así a aparición da enfermidade ou diagnosticala nas súas fases iniciais. A clave é interceptar o cancro o antes posible, hai que focalizarse en detectar mellor os factores de risco individuais no xenoma de cada persoa para detectar o cancro en estadios moito mais iniciais, cando o cancro está empezando a desenvolverse e se pode curar. Para conseguir estes obxectivos, a rede BREOGAN conta cun estudo de casos e controis que inclúe a mais de 4.000 doentes e mulleres sas galegas, así coma ensaios clínicos e estudos xenéticos e moleculares en cancro de mama. Ata este momento, os casos do estudo son 2.000 mulleres diagnosticadas de cancro de mama das áreas sanitarias de Vigo e Santiago, das que se recolleron mostras de sangue, ouriños e tecido tumoral para determinar o ADN e ARN, e se recompilaron datos sobre factores de risco e variables clínico-patolóxicas. Os controis son 2.000 mulleres galegas libres de enfermidade, elixidas da mesma base poboacional que as doentes.

Colaboracións internacionais

BREOGAN pertence ao BCAC (Consorcio Internacional de Cancro de Mama), formando parte da iniciativa OncoArray, un proxecto de ámbito internacional cuxos principais financiadores son Genome Quebec, Genome Canada, CIHR Canada, CR-UK United Kingdom, NCI USA e la Unión Europea, e que inclúe mais de 200.000 doentes de todo o mundo. Próximamente serán publicados nas prestixiosas revistas NatureNature Genetics os primeiros achados despois de realizar un estudo de 600.000 variacións xenéticas a perto de 150.000 doentes e 150.000 mulleres libres de enfermidade. Os achados de este traballo, que moi pronto verán a luz, poden significar un antes e un despois no manexo do cancro de mama.

BREOGAN tamén é parte del consorcio internacional CIMBA (Consortium of Investigators of Modifiers of BRCA1/2) que, entre outras liñas de traballo, estuda as variantes xenéticas BRAC1 e 2 e cancro de mama en homes e as súas mutacións mais agresivas.

Calidade e novas perspectivas

O consorcio BREOGAN destaca pola calidade dos seus datos e contribuíu de xeito significativo ao éxito da iniciativa OncoArray e outros proxectos internacionais, permitindo abrir novas líñas de investigación en Galicia e novas colaboracións no marco de proxectos europeos nos que se integrou a nosa comunidade. Grazas a esta colaboración internacional ábrense novas perspectivas no estudo do cancro de mama que poden ser cruciais para entender a bioloxía das células cancerosas. Estes estudos tamén poden ampliar as posibilidades de busca de novos tratamentos terapéuticos para a loita contra a enfermidade. Despois de anos de traballo, o consorcio está en condicións de devolver, en forma de avances no coñecemento da enfermidade, a confianza depositada por todas as doentes en todos os profesionais que conforman BREOGAN.

social-media-2457842_1920-peq

COLABORA CO ESTUDO BREOGAN, PARA A INVESTIGACIÓN EN CANCRO DE MAMA

BREOGAN busca colaboracións e donativos que nos axuden a incluír mais doentes nos nosos estudos e a proseguir os nosos traballos en cancro de mama. Calquera doazón, por pequena que sexa, e moi importante para nos.

¡Necesitamos o teu apoio!

Se queres axudarnos, por favor contacta connosco a través de…

*** A Fundación Biomédica Galicia Sur é unha entidade sen ánimo de lucro, recoñecida pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, cuxo obxectivo é impulsar a investigación, a innovación e o desenvolvemento científico-tecnolóxico no ámbito sanitario galego***



Share